publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cambio de titularidade dun treito da estrada OU-402 a prol do concello de Cortegada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCortegadaLocal PortadaOurense
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto de cambio de titularidade do resto da estrada OU-402 “Ourense (OU-403)- Cortegada (OU-904)” a prol do Concello de Cortegada.

A solicitude do cambio de titularidade, realizada polo concello, inclúe o treito entre os puntos quilométricos 41+910 e 42+840 e alcanza unha lonxitude de 930 metros.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas considerou axeitado o cambio de titularidade tendo en conta que o treito transferido adquire características plenamente urbanas ao poñerse en servizo a estrada autonómica da OU-801 (Ribadavia – Ponte Barxas), polo que o resto servirá á Administración local para mellorar os servizos que presta aos cidadáns.

O Concello de Cortegada deberá asumir todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do trazado a partir da formalización de entrega, que se formalizará no prazo dos dous meses seguintes á publicación no DOG.

Cambio de titularidade de estradas de Galicia
Os cambios de titularidade das estradas están regulados na Lei de estradas de Galicia. De acordo con este artigo os cambios dos nomes das vías deben ser aprobados por un decreto de Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas. A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) é a encargada de avaliar o cambio de titularidade.

Ademais, o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, alega que as entidades locais dentro das súas competencias aprobarán a relación de estradas da súa titularidade.
 

4 de febreiro de 2014 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.