Calendario de Andainas 2014 organizadas polo Concello da Guarda
O prazo de inscrición para a primeira quenda comeza o luns 10 de febreiro e remata o xoves 20 de febreiro de 2014, ás 14:00. Unha vez rematado este prazo, elaborarase a relación de participantes que será publicada o venres 21 de febreiro. Os mesmos serán avisados convenientemente e terán de prazo ata o venres 28 de febreiro para efectuar o pago da actividade correspondente ás andainas de marzo a xuño.
A segunda etapa para participar nas Andainas comeza o luns 18 de agosto e remata o xoves 28 de agosto. O listado de inscritos sairá publicado o venres 29 de agosto e ata o 5 de setembro poderase efectuar o pago das andainas setembro a novembro. De non efectuarse o pago no prazo establecido avisarase á seguinte persoa que figure na relación definitiva de inscritos.
No caso de non poder participar nalgunha das rutas o titular poderá transferir o resgardo a outra persoa para que ocupe unha praza equivalente. Tal cambio deberá notificarse á persoa responsable do Concello cunha antelación mínima de 24 horas.
O número de prazas para participar na actividade é limitado sendo a orde de inscrición o criterio a seguir para determinar a relación final de participantes. Terán prioridade aqueles participantes que se inscriban na actividade completa ou no maior número de andainas.
Para máis información, no teléfono 986 61 45 46 ou ben a través dun email a deporte@aguarda.es
CALENDARIO DAS ANDAINAS 2014
15 de MARZO DE ÁNCORA A SANXÍÁN: O CAMIÑO DA COSTA NA FOZ DO MIÑO
5 de ABRIL POZAS DE MELÓN – TERMAS DE PREXEGUEIRO
10 de MAIO VISITA GUIADA Ó ARQUIPÉLAGO DAS CÍES
7 de XUÑO RUTA DO OURO E DO CAMIÑO REAL (QUIROGA)
13 de SETEMBRO COSTA DA VELA (CANGAS)
11 de OUTUBRO TRILHO CASTREJO (MELGAÇO)
15 de NOVEMBRO CARBOEIRO – FERVENZA DA TOXA (SILLEDA)











