Búscase en Lugo a unha muller que permanece desaparecida dende hai unha semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoSucesos
A-
A+
E.P.

O Corpo Nacional de Policía mantén despregado na cidade de Lugo un dispositivo de procura para tratar de localizar a unha muller de 37 anos, veciña da cidade, que permanece desaparecida desde hai unha semana.

Segundo informaron fontes da Policía Nacional, a muller permanece en paradoiro descoñecido desde o día 11, aínda que o operativo non se puxo en marcha até o día 15, cando os seus familiares acudiron á comisaría da cidade para denunciar a desaparición.

Nos labores de procura participan, ademais da Policía Nacional, axentes da Policía Local, da Garda Civil e de Protección Civil, cuxos efectivos rastrexan nas inmediacións da canle do río Miño.

18 de febreiro de 2014 | 11:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.