Boborás organiza un curso de preparación para as probas de competencias clave
O Concello de Boborás, vista a orde da Consellería de Traballo e Benestar do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia, organiza un curso de preparación para superar as probas das competencias clave.
A acreditación de competencias clave son un requisito para o acceso ós certificados de profesionalidade e clave para o acceso ó mercado laboral e para a realización de cursos promovidos polo INEM e outras entidades.
Ditas competencias clave confórmanas as asignaturas de matemáticas, lingua e galego.
Dita actividade formativa está destinada a aquelas persoas que non teñen a EXB, ESO ou ben ningún tipo de estudos rematados.
O vindeiro día 28 de febreiro ás 13.30 horas terá lugar unha reunión informativa na casa do Concello co tema en cuestión como asunto a tratar.
Para calquera dúbida pódense dirixir ás oficinas do Concello en horario de oficiña ou ben chamar ó teléfono 988402008 para informarse máis polo miúdo.