Ben Dewar: “Si seguimos defendendo con toda a nosa enerxía, podemos continuar facendo historia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Ben Dewar asinou en Manresa probablemente o seu mellor partido da tempada até o momento. O beirado do Río Natura Monbus anotou dezaoito puntos, capturou dous rebotes e roubou tres balóns, cunha valoración total de 23. Estes números valéronlle para ser incluído no quinteto ideal da xornada da liga Endesa no apartado da entrega.

Para Dewar, fóra de todo recoñecemento persoal, o importante do encontro en Manresa foi o resultado. “Estou contento coa miña actuación porque serviu para axudar ao equipo a gañar. Temos unha vitoria máis e con algo moi importante, que é que recuperamos o average”.

A vitoria deste fin de semana ante a Bruixa d´Or demostra para un dos capitáns do Rio Natura Monbus a unión que existe no vesturario tanto dentro como fose: “Creo que no partido demostramos que somos un equipo moi unido tanto dentro da pista como fóra dela. Quédanos moita liga por diante aínda e temos que pensar só na sigueinte xornada. Unha tras outra xogamos partidos difíciles e temos que ter moita forza para ilos superando”, afirma.

En canto á liña ascendente do equipo, Ben considera que nos veu moi ben o parón da Copa porque puidemos descansar. Hoxe toca día libre, pero mañá volveremos ao traballo coa mente posta no partido do sábado ante o Fiatc Joventut diante da nosa afección”.

O estadounidense sabe que se enfrontan a un rival moi forte fisicamente e que chega situado en posicións de Playoff polo título. Con todo, considera que “si seguimos defendendo con toda a nosa enerxía, podemos seguir facendo historia e conseguir a quinta vitoria. Con isto e a nosa afección seguro que o do sábado será un encuento que merecerá a pena non perderllo”.

Para este partido as entradas teñen un prezo de 35 euros para as Tribunas Retráctil, 29 euros as Tribunas 1, 25 euros as Tribunas 2 e 19 euros Fondos. No entanto, o club ofrece prezos reducidos para abonados e accionistas, menores de 18 anos, estudantes menores de 26 anos, parados de longa duración, maiores de 65 anos, e entradas adquiridas os xoves laborables de 25 euros en Tribunas 1, 19 euros en Tribunas 2 e 15 euros Fondos.

Tambien está vixente a promoción “Cidades Amigas”, na que os veciños dos municipios das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), O Carballiño (Ourense) e Silleda (Pontevedra), poden adquirir entradas a 9 euros para ver o Rio Natura Monbus para este partido. Para acollerse a esta promoción deberán presentar o seu carné de identidade ou calquera outro documento oficial que verifique a súa residencia en devanditas localidades á hora de adquirir a entrada.

As entradas xa se poden comprar en venda anticipada nas oficinas do club, de luns a venres e de 10.00 a 14.00 h e na tenda oficial “Miudiño Store” na área Central (local Blusens), de mércores a sábado de 17.00 a 22.00 h, ou en despacho de billetes o mesmo día do partido.

17 de febreiro de 2014 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.