Bases para participar no Entroido de Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

1.- A Comisión organizadora do Entroido 2014  instalará 1 carpa cubrindo o escenario  e o espacio  ubicado na zona das antigas naves de Ojea.

2.- Poderán solicitar ocupar un espazo de 4×4 m dentro da carpa,  locais de hostelería abertos no municipio de Cangas. As solicitudes realizaranse na Casa da Xuventude antes do día 20 de febreiro.

3.- O recinto  abrirase ó público o venres  28 de febreiro as 21:00 horas. Nese momento, tódolos participantes deben de ter  as súas montaxes terminadas. Para  que esto sexa posible, terán a súa disposición o  stand dende o día 27 pola tarde.

4.-A  cota de participación será de 450 Euros e inclue aluguer da carpa, seguridade, luz  e aluguer de baños químicos. 

Esta cuota   farase efectiva no momento da inscrición na Casa da Xuventude.

5.- No caso de que o número de inscripcións sobrepase o número de espazos dispostos , procederase a un sorteo público para adxudicalos.   

6.- No caso de non ser admitida algunha das solicitudes de inscripción  procederase a  devolución da cota pagada.

7.- Unha vez aceptada a inscripción non se realizará ningunha devolución, agas causa de forza maior, demostrable documentalmente.

Os espazos serán distribuidos a través dun sorteo entre todolos participantes

8.- Os hosteleiros interesados en participar nesta iniciativa deben entregar na Casa da Xuventude:

Folla de inscripción debidamente cuberta.

Fotocopia do documento que acredite o establecemento de hostelería.

10.- A organización  encargarase da vixiancia durante as horas nas que o recinto esté pechado ó público, pero non se fai responsable dos posibles roubos ou desperfectos que poidan ocurrir.

11.- Se por causas de forza maior, incluido o feito de non acadar un número mínimo de solicitudes, esta iniciativa non se realizara, a organización comprometese a devolver a cada solicitante a cantidade depositada.

12.- O horario de apertura da carpa será establecido pola Comisión de Entroido en función das actividades que se programen no escenario que presidirá a praza, e comunicarase coa concesión do espazo.

Organización e hosteleiros consensuaran horarios de apertura e peche da carpa co compromiso de respetar os acordos adoptado

13.- Os locais deberán cumplir as normas establecidas en canto a horarios, rúidos e a limpeza do espazo.

14.- Esta Comisisión poderá retirar a concesión do espazo aos locais que incumplan a normativa ou sistemáticamente non acaten as ordes que emita a mesma

12 de febreiro de 2014 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.