Bases para participar no Directoxove´2014 de Cangas
O DIRECTOXOVE, dende o seu inicio no ano 2004, nace coa intención de impulsar a música realizada polas diferentes bandas locais, cando se cumple o 10º aniversario do programa no que levan participado ao redor de 100 formacións, con diferentes estilos musicais: clásica, folk Rock, metal, pop, punk etc.
Segundo o concelleiro de Cultura José Luís Gestido “un ano máis seguimos apostando polas xóvenes promesas no terreo da música, ofrecéndolles a oportunidade de participar nun programa deseñado por e para elles” destaca, “xa son 10 os anos que pasaron dende que esta iniciativa daba os seus primeiros pasos no 2004” engade, “ e afrontamos esta nova edición con moitas ganas e ilusión” remata.
Está aberto o prazo para inscribirse no programa de promoción de Bandas Noveis DIRECTOXOVE’2014 que remata o próximo 8 de marzo.
BASES DO PROGRAMA
1.- O programa vai dirixido a bandas noveis nas que os seus integrantes sexan menores de 35 anos (polo menos un 60% do total do grupo) e terán preferencia as bandas que teñan algún integrante do Concello de Cangas.
GRUPO 2, 3 ou 4 COMPOÑENTES————————1 DE CANGAS
GRUPO 5 COMPOÑENTES———————————-2 DE CANGAS
GRUPO 6 OU MÁIS——————————————-2 DE CANGAS
(A Concellería de Xuventude reservase o dereito a solicitar o certificado de empadroamento correspondente)
2.- O grupo deberá ter disponibilidade para realizar un mínimo de dúas actuacións. Unha un venres nun dos locais asignados para o efecto e outra segunda nun festival.
3.- O festival final esta previsto para o 21 de Xuño. Neste festival participaran 4 ou 5 bandas seleccionadas de entre as que teñan maior participacion nos concertos dos venres.
4.- O representante do grupo ou a persoa na que delegue nos momentos puntuais deberá acudir ás reuniones que se realicen, de non ser así entenderemos que asumen os acordos alcanzados.
5.- Nos concertos cobrarase unha entrada de tres euros, e a recaudación integra será para o grupo.
6.- O grupo terá dereito á gravación dun tema dunha duración máxima de 6 minutos que se incluirá no CD recopilatorio promocional que se edita.
7.- O grupo permitirá á organización a difusión dos datos do grupo (nunca os datos persoais dos integrantes) para a publicidade e promoción do evento e do grupo.
8.- Se os grupos exceden o cupo de participación aplicaranse criterios de selección en base a calidade e traxectoria do grupo.
9.- No caso hipotético de que existan cambios de integrantes no grupo, estes deberán ser comunicados por escrito á organización, facilitando os datos do novo integrante (que deberá cumplir os requerimentos solicitados) ou dando de baixa os do integrante que deixa o grupo.
10.- As e os participantes no programa, aceptan os acordos alcanzados nas reunións
11.- O incumprimento das bases e dos acordos tomados, autoriza a expulsión do grupo do programa
DOCUMENTACIÓN ANEXA A ENTREGAR
-3 fotos de alta calidade do grupo.
-Historia (de non máis de 30 liñas) do grupo.
-Rider do grupo, no que se indique:
Componentes do grupo
Instrumentos do grupo e número de micros de voces (e para quen) se precisan
Posicionamento no escenario
Necesidades do grupo (stand para os amplificadores, mesa para os platos…)
-Autorización dos titores legais dos integrantes menores de idade en caso de que sexa necesario.
IMPORTANTE: Esta documentación debe entregarse no momento de presentar esta ficha de inscripción. A inscripción será invalidada se non se achega a documentación anexa. Os documentos anexos poden ser entregados en soporte dixital (salvo a autorización de participación de menores de idade) nas dependencias da casa da xuventude ou no enderezo electrónico xuventude@cangas.org.











