publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Bases do concurso de Entroido do Concello de Rábade 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRábade
A-
A+

CONCURSO DE COMPARSAS, PARELLAS ou INDIVIDUAIS (ADULTOS E INFANTÍS)

BASES

CATEGORÍAS

1ª. O Concello de Rábade convoca o tradicional concurso de disfraces coas seguintes categorías:

· Comparsas (adultos e infantís)

· Parellas ou Individuais (adultos e infantís)

Con motivo do Entroido 2014, celebrarase o martes 4 de marzo a partir das 16:30 horas o concurso e desfile de disfraces que terá lugar na praza de España.

As bases estarán disponibles na Área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade.

PARTICIPACIÓN

2ª. A participación queda aberta a tódalas asociacións, colexios, persoas e colectivos que o desexen.

A inscrición dos participantes farase no departamento de Cultura e Deporte na semana anterior de 9 a 14h. ou ben no mesmo día 4 ata as 17:00 horas., aportando o nome do disfrace, nome, apelidos e D.N.I.

Tódolos participantes deberán asinar unha autorización para dar o consentimento de cesión dos dereitos das fotos para publicar as mesmas nos distintos programas organizados polo Concello.

Os menores de idade aportarán os datos da persoa que os representa.

DISTRIBUCIÓN DAS MODALIDADES

3ª. As modalidades nas que poderán participar son:

· COMPARSAS:

o Adultos: Considérase comparsa aquelas nas que participen un mínimo de tres persoas maiores, todas elas, de 17 anos ou aquelas comparsas que non reunan os requisitos para entrar na categoría de infantís.

o Infantís: Considérase comparsa infantil aquelas nas que participen un mínimo de tres persoas nas que as catro quintas partes sexan menores de 17 anos.

· PARELLAS:participantes nas dúas categorías (adultos e infantís), que pola súa condición requiran presentarse xuntos e teñan a temática do seu disfrace relacionada. No caso de que a parella estea formada por un adulto e un nen@ entrará na categoría Infantil ou INDIVIDUAIS:

o Adultos: participantes a partires de 17 anos. o Infantís: participantes menores de 17 anos.

XURADO

4ª. A cualificación dos participantes será determinada polo xurado do concurso que estará formado por un representante do concello e 4 persoas escollidas entre o público asistente.

CALIFICACIÓN

5ª. Cada membro do xurado cualificará de 1 a 5 puntos cada comparsa, parella e individual tanto da categoría adulta coma infantil, tendo en conta o deseño dos traxes, a imaginación, a orixinalidade, e a simpatía e posta en escena os participantes.

No caso de empate a puntuación do representante do concello considerarase como dobre.

PREMIOS

6ª. Concederánse os seguintes premios:

ADULTOS INFANTIS

COMPARSAS: COMPARSAS:

Primeiro premio: 280 € Primeiro premio: 100 €

Segundo premio: 150 € Segundo Premio: 80 €

Terceiro premio: 80 € Terceiro premio: 50 €

PARELLAS ou INDIVIDUAIS: PARELLAS ou INDIVIDUAIS:

Primeiro premio: 100 € Primeiro premio: 80 €

Segundo premio: 50 € Segundo premio: 40 €

Os premios poderán ser considerados desertos polo xurado do concurso.

ENTREGA DE PREMIOS

7ª. A entrega de premios terá lugar o mesmo día da celebración do concurso unha vez rematado o fallo do xurado.

ACEPTACIÓN DAS BASES

8ª. A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, sendo as decisións do xurado inapelables.

11 de febreiro de 2014 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.