Balaídos estreará nova lona na Bancada de Tribuna

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Vigo ▼
A-
A+

O Estadio de Balaídos lucirá nos próximos días unha nova lona na bancada de Tribuna, de similares dimensións á anterior e con protagonismo para a afección, cuxo apoio foi decisivo nos momentos clave das últimas tempadas e mantívose na actual. O deseñador galego Simón Agulla foi o encargado de realizar esta nova proposta, posible grazas á colaboración de dúas das firmas que mostraron un gran apoio ao club nos últimos anos Novagalicia Banco e o Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima, o colaborador máis antigo do Real Club Celta.

Os afeccionados que acudan durante os próximos días a Balaídos atoparanse cunha nova imaxe no estadio celeste. A Bancada de Tribuna lucirá unha nova lona na que poderán lerse dúas palabras cun significado especial para os seguidores do Real Club Celta: Afouteza, Corazón.

Tras elas poderá verse, desde unha perspectiva real e cunha atractiva trasparencia, o estadio vigués repleto de afeccionados, o aspecto que mostrou na partidos clave das últimas tempadas, nos que o equipo gozou do firme e decidido apoio do celtismo, como veu ocorrendo tamén na actual campaña.

A nova lona substitúe á instalada hai uns anos con figuras relevantes na historia do club, que agora ocupan un lugar nas diferentes portas de acceso ao estadio de Balaídos.

Os traballos de instalación xa comezaron, aínda que se viron dificultados polos temporais que sofre estes días a cidade.

7 de febreiro de 2014 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.