As unidades móbiles recolleron 3.740 doazóns de sangre nas campañas de 2013 en Citroën Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+
E.P.

As campañas de doazón de sangue desenvolvidas no ano 2013 polo Centro de Transfusión de Galicia (CTG) nas instalacións de PSA Peugeot Citroën en Vigo concluíron con 3.746 achegas.

Segundo informou o CTG, dende o ano 1995, a factoría viguesa de PSA acolle as campañas de doazón de sangue que promove a Consellería de Sanidade por medio do Centro de Transfusión de Galicia, “converténdose nunha das empresas españolas con maior número de doazóns de sangue”.

Así, subliña o CTG que dende a primeira campaña desenvolvida no ano 1995 –con 281 achegas– ata a actualidade, Citroën en Vigo suma 49.375 doazóns de sangue recollidas.

“A constante colaboración de PSA Peugeot Citroën de Vigo e a súa especial sensibilidade a favor da doazón de sangue facilitou que, dende hai case dúas décadas, as doazóns recollidas nesta empresa viguesa permitiran realizar máis de 24.600 intervencións cirúrxicas, transfundir plaquetas a máis de 9.800 enfermos oncológicos e lograr máis de 12.300 litros de plasma que permite a obtención de medicamentos para moitos pacientes”, resaltou o CTG.

Por iso, o Centro de Transfusión de Galicia resalta o seu “recoñecemento” a Citroën Vigo “polas facilidades que, dende sempre, mostrou para poder desenvolver as campañas de doazón de sangue”.

18 de febreiro de 2014 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.