As promesas do xadrez de Marín reciben as felicitacións do goberno local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMarín
A-
A+
Visita das promesas do xadrez ao Concello de Marín

Visita das promesas do xadrez ao Concello de Marín

O concelleiro de deportes de o  concello de Marín, e a Alcaldesa,  recibiron ás promesas do xadrez do “clube de Xadrez de Marín”, que non deixa de cultivar éxitos en todos os campionatos aos que acode.

Nesta ocasión, o concelleiro felicitou a Anxo Ferreño Sanmartin, campión de Pontevedra sub 12, campión de Betanzos sub 12 e 2º sub 14, a Paula García Alvarez, campioa sub 12 e 3º de Pontevedra, a Bernardo Rebollo Montes 4º sub 16, a Mario Rosales, 4º sub 10, e a Brais Fernandez Vieitez, 6º sub 14.

O concello de Marín colabora activamente co Clube de Xadrez, na súa intención de promover todos os deportes, e dar cabida a todas as modalidades, impulsando actividades e animando a estes mozos e mozas a que leven o nome do noso concello a todos os lugares, sobre todo con estes excelentes resultados.

3 de febreiro de 2014 | 16:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.