publicidade hoxe

As “escolas deportivas” de Soutomaior organizan o primeiro festival infantil de tenis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

Coa intención de promocionar a práctica deportiva saudable e recreativa entre os máis novos do concello, a Escola de Tenis do Concello de Soutomaior organiza este sábado 15 de febreiro o seu primeiro Festival Infantil de Tenis no pavillón da Montesiña. A xornada está dirixida a nenos desde os 6 até os 12 anos e contará coa participación de alumnos e monitores da escola municipal.

As actividades comezarán ás 16:00 no pavillón da Montesiña coa celebración dun campionato amigable de tenis no que participarán varios alumnos da Escola de Tenis de Soutomaior. Á súa vez, na pista exterior, monitores desta escola proporán aos máis pequenos unha serie de xogos didácticos e clases de iniciación coas que poderán familiarizarse co deporte da raqueta. A inscrición é gratuíta e pódese realizar nas oficinas do Pavillón da Montesiña (986700964)  todas as tardes ou ben até o sábado pola mañá chamando ao teléfono 669 707 351.

Con estas actividades a Concellaría de Deportes pretende promover a participación coas entidades deportivas e fomentar a práctica do deporte como un elemento de integración social, educativo e importante para o desenvolvemento físico e intelectual dos máis novos.

11 de febreiro de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.