“As do peixe” contan no Auditorio de Vilagarcía as historias cotiás de catro traballadoras da conserva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

Catro mulleres traballadoras dunha conserveira son as protagonistas de “As do peixe”, a obra de teatro que a compañía Abrapalabra representa mañá venres, no Auditorio a partir das 21:00 horas. Trátase dun texto cómico escrito por Candido Pazó baseándose nas experiencias reais de varias mulleres do Morrazo. Unha obra costumista, de actualidade e moi próxima coa que calquera se pode sentir facilmente identificado.

As actrices Susana Dans, Mónica Camaño, Casilda Alfaro e Rocío González dan vida a Conchi, Begoña, Lisa y Tere, catro mulleres que se reúnen periódicamente nun espazo público dedicado á memoria das conserveiras. Alí tratan de lembrar o seu pasado laboral e o e tantas mulleres que, despois de que a fábrica de conservas máis importante da villa pechase, despois de moitas loitas e desenganos, véronse sen trabello e sen posibilidades reais de volver a recuperalo. A súa historia, e a de moitas outras mulleres das vilas mariñeiras que quedaron sen trabajo, amuesan unha realidade: o derrumbe dunha economía e de un xeito de vivir.

“As do peixe” chega a Vilagarcía a través da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios en colaboración coa Agadic e a Concellería de Cultura.

As entradas véndense a 8 y 5 euros por servinova e en taquilla o día da función.

20 de febreiro de 2014 | 20:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.