As Comadres monfortinas superan en participación aos Compadres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O concurso convocado pola delegación de Cultura do concello de Monforte con motivo da celebración do Xoves de Comadres contará con dezasete  participantes entre as diferentes categorías, superando así a cifra de catorce Compadres do xoves anterior.

A categoría de barrios colectivo (máis de 2 comadres) é a categoría con maior participación, rexistrándose seis concursantes:

A.V.C.D. de Rioseco, Asociac.Veciños Ribasaltas, Panadería La Luna, Asociación AGORA, CEIP A Gándara, e Prodeme.

Na categoría de barrios individual presentáronse cinco comadres:

IES A Pinguela, Residencia de Maiores, rúa Concepción Arenal 18 – 3º, AFAMÓN, e Farmacia Mª do Carme Raices Madriñán.                        

En canto ós centros de ensino, na modalidade colectiva (máis de 2 comadres), haberá un só participante, o Colexio Ferroviario.

Na categoría individual para centros de ensino concursarán tres colexios:

Colexio PP. Escolapios, Fundación Educativa Torre de Lemos, e CEIP A Gándara

Á marxe das comadres dos centros de ensino, presentaranse na Praza de España dúas comadres individuais pertencentes a:

Iago e Antón, e Xoan López López

A celebración do Xoves de Comadres rematará cunha concentración na praza de España, ás 17:30 h., á que acudirán os participantes na categoría de centros de ensino e individual, coa posterior queima das comadres feitas polos colexios da cidade.

No caso de que as inclemencias climáticas impidan realizar esta concentración, desde a delegación de Cultura avisarase ós colexios participantes e o xurado visitará as comadres nos propios centros de ensino.

Dende a concellería de Educación e Cultura agradécese a participación da veciñanza e dos escolares así como o esforzo realizado para manter viva esta importante tradición, ó tempo que se anima á cidadanía a participar no Desfile de Disfraces e Comparsas do martes de Entroido.

26 de febreiro de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.