As asociacións de Mos poden inscribirse no programa Tempo de Lecer ata o día 11
A concelleira de Participación Cidadá mosense, Kely Monzón, informou hoxe de que estará aberto ata o día 11 deste mes o prazo de inscrición para o programa Tempo de Lecer, baseado en obradoiros que se ofertan nas diferentes asociacións veciñais, culturais, xuvenís, de mulleres, etc.
Un dos fins deste programa é dar resposta á gran demanda por parte das asociacións e conseguir unha mellora do uso e disfrute do tempo libre dos participantes, a través da aprendizaxe, do traballo en equipo é do fomento da creatividade nos diferentes campos de actuación social.
Os obxectivos dos obradoiros son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades formativas adaptadas ás súas posibilidades económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.
Destro deste programa ofértase un listado dos diversos obradoiros, e será a asociación a que elixirá nos que desexa participar. Cada asociación pode solicitar como máximo 30 horas. O máximo de asociacións que poderán participar neste programa son 20. Os obradoiros poderán ser dous de 15 horas cada un ou un de 30 horas, desta maneira garantizarase o aprendizaxe das distintas técnicas. A duración de cada sesión dos obradoiros dependerá de cada un deles.
Un mesmo obradoiro poderá levarse a cabo dun xeito continuado, sempre que teña horas suficientes,dende marzo a xullo e de setembro a novembro, parándose no mes de agosto por vacacións. A data e horario dos obradoiros será elixido polas asociacións que o soliciten, adecuándose a súas necesidades.
Este programa está dirixido a tódolos veciños e veciñas maiores de 14 anos, empadroados/as no Concello de Mos ou que sexan membros dalgunha asociación inscrita neste Concello. O custo da partición por persoa en cada obradoiro é de 1 € por hora.
Como se dixo, as asociacións terán de prazo ata o 11 de febreiro para entregar no Rexistro do Concello a solicitude de participación no programa Tempo de Lecer co nome dos obradoiros que lles interesa e as datas de comezo. O prazo de resposta por parte do Concello comunicándolle a admisión no programa, será a partir do 18 de febreiro. Poderán participar ata un máximo de 20 asociacións, sendo o criterio de selección, por rigorosa orden de inscrición
O listado de obradoiros entre os que se pode elixir é o seguinte: Iniciación á calceta, Iniciación ó ganchillo, Encaixe de palillos iniciación, Encaixe de palillos avanzado, Lencería do fogar, Vainicas e bordados, Retalería artesá, patchwork, Talla de cristal, Taller de coiro e macramé, Arte floral e flores secas, Encadernación, Decoración en metal, cartón e escaiola, Iniciación a cestería, Cestería avanzada, Esmalte en frío, Velas artesanais, Portarretratos artesanais, Confección de bisutería, Frores de pasta, Pintura en cristal, Pintura en tea e seda, Pinturas ao óleo e debuxo, Técnicas de debuxo, Cerámica, Tapicería, Restauración de mobles de madeira, Técnicas de embelecemento de mobles, Corte e confección, Dieta sá e equilibrada, Taller de informática, Elaboración de licores, Cata de viños, Corte de xamón, Fotografía, Edición de vídeos de cámara doméstica, Deseño e creación de cómic, Taller de teatro, Taller de aerobic, Taller de batuka, Taller danza do ventre, Taller de bailes latinos, Taller de gaita galega, Taller de percusión, Taller de xogos populares, Control de estrés, Taller de risoterapia, Taller de cociña básica, Taller de cociña elaborada, Taller de repostería, Taller elaboración canapés, Taller funky, Taller break dance, Taller de pilates, Taller de ioga, Taller de pandeireta e canto, Taller baile tradicional, Taller de axilidade mental e técnicas para a memoria, Taller automaquillaxe e Taller de inglés.











