Arbo aproba o I Plan de Igualdade de Oportunidades
A Xunta do Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada o 25 de xaneiro de 2014, aprobou o I Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres do Concello de Arbo. Este documento abarca dende 2014 ata 2018 e pretende contribuír a acadar a igualdade de xénero en todos os ámbitos da vida persoal, social e laboral entre homes e mulleres desta vila. Caracterízase polos seguintes trazos:
- É a expresión da vontade política para acadar unha igualdade real
- É unha resposta que prioriza as necesidades e demandas sociais
- É unha forma de articular os esforzos públicos e privados e afondar na súa coordinación E conta con 3 liñas estratéxicas:
- Desenvolver accións de sensibilidade para a igualdade e a prevención da violencia de xénero.
- Introducir o mainstreaming de xénero nas políticas locais.
- Perfilar as bases para estruturas de coordinación en prevención e abordaxe integral da violencia de xénero.