Apoio dos emigrantes retornados aos afectados polas preferentes
Pola súa parte, o voceiro da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes retornados, Xosé Lois Leirós, comunicou que acudiron á manifestación deste sábado “para solidarizarse con todos os colectivos que hoxe por hoxe están afectados por estafas”, porque os emigrantes retornados tamén forman “parte deses colectivos que de afectados por unha estafa”.
“A nós estannos a roubar as pensións”, denunciou o representante, que indicou que eles o que piden é “a modificación” da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas, norma que eles denominan como “a lei dos dous pagadores” e que supón “un ataque brutal aos máis desfavorecidos e a un colectivo que ten máis de 70 anos”. “Somos os avós e avoas deste país, que estamos estafados polo noso propio goberno e sendo tratados como defraudadores”, apostilou.











