Apertura do proceso de selección de tres bolseiros para as oficinas de turismo de Poio
A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre o inicio do proceso de selección de tres bolseiros/as para as oficinas de turismo do Concello de Poio.
O Concello de Poio oferta este ano 2014, tres bolsas para titulados/as en Turismo que desenvolverán as súas tarefas nas oficinas municipais e na Casa Museo de Colón.
Os aspirantes deberán de estar en posesión dalgún dos títulos relacionados co Turismo xa sexa Diplomado/a en Turismo, Grado en Turismo, ou de Técnico/a Superior.
As bolsas terán unha duración de tres meses cada unha con posibilidade de prórroga ata completar o ano.
O proceso selectivo comezou este venres día 21 de febreiro e os interesados/as, poderán presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello ata o próximo día 4 de marzo incluido.
As bases que rixen o proceso selectivo están colgadas na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios do mesmo.
A selección dos bolseiros/as se levará a cabo en dúas fases, unha primeira na que se valorarán os méritos acadados polos candidatos e unha segunda fase, que consistirá nunha entrevista, a que só accederan os candidatos con maior puntuación na fase previa.
O turismo segue a ser un dos motores da economía do municipio polo que o Concello de Poio segue apostando polo emprego de profesionais para dar un servizo de calidade ós milleiros de turistas que se achegarán o noso municipio durante os próximos meses.











