Apertura do prazo para solicitar no Carballiño as licenzas para as terrazas de verán
Desde o concello do Carballiño infórmase que xa está aberto o prazo para solicitar as licenzas para a colocación das terrazas nas vías públicas dos bares e establecementos de hostalaría do Carballiño. Este prazo estará aberto até o próximo 28 de febreiro, debéndose solicitar na planta baixa, nas oficinas de información, de luns a venres en horario de 8:00 a 14:30.
O prazo é tanto para a renovación destas licenzas como para solicitar nova licenza.











