Apertura do prazo para solicitar as autorizacións para a instalación de quioscos nas praias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Xa está aberto o prazo para solicitar as autorizacións para a instalación de quioscos desmontables ao servizo das praias en fincas privadas, afectadas pola zona de servidume de protección do dominio público marítimo- terrestre.

As instancias poderán ser presentadas no rexistro municipal para ser remitidas posteriormente a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras onde se tramitará o expediente previo á correspondente resolución. 

As instancias deberán achegarse, para unha maior axilidade na tramitación, entes do 1 de abril coa seguinte documentación, que deberá ser orixinal ou copias compulsadas:

-Xustificante de ter aboado as taxas correspondentes (o importe corresponde a 1% sobre o presuposto cun mínimo de 220,40 ata un máximo de 1.000 euros).

-Fotocopia compulsada do DNI ou do CIF do solicitante.

-Documentación acreditativa da propiedade ou dispoñibilidade d predio sobre o cal se pretende actuar.

-Información fotográfica da zona (por triplicado) e da instalación pretendida.

-No seu caso, xustificación de ter autorización outorgada no ano anterior así como de ter precedido á desmontaxe do quiosco dentro dos prazos previstos.

-Certificación urbanística, expedida polo concello, coa clasificación do solo, datas de aprobación do planeamento, estado de execución de mesmo e usos permitidos.

-Plano a escala 1/1000 de deslindamento definitivo ou, se é o caso, de definición provisional da liña probable de deslindamento do dominio público marítimo terrestre e di límite interior da zona de servidume de protección expedido ou autenticado polo Servizo Periférico de Costas, no cal se sinale o predio en que se pretende realizar o uso para o cal se solicita autorización, localizando nel a instalación ou obra proxectada.

-Memoria descritiva das opbras con expresión das súas características, uso previsto e orzamento (por triplicado).

-Certificación de distancias, expedida polo Concello, para o réxime de utilización das praias, conforme o establecido no art. 2º.2.1 do Decreto 158/2005.

Toda a documentación deberá estar asinada polo peticionario. Salvo que veña suscrita polo técnico correspondente. Para máis información os interesados deberán dirixirse a Concellería de Medio Ambiente e Praias, coordinadora da tramitación destas solicitudes ou ao departamento de Estatística do Concello de Cangas.

 

7 de febreiro de 2014 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.