Apertura do prazo para anotarse no Desfile – Concurso de Entroido na Guarda
Xa está aberto o prazo para anotarse no Desfile- Concurso de Entroido. A inscrición deberá formalizarse nas oficinas do Concello da Guarda, entregando o formulario de inscrición xunto coa documentación necesaria, tal e como ditan as bases que regulan a convocatoria. O prazo estará aberto ata o próximo día 25 de febreiro, en horario de 9 a 14h.
Ó igual que en edicións anteriores os interesados en participar poderán elixir entre cinco categorías diferentes: CARROZAS, COMPARSAS, GRUPOS, INDIVIDUAL INFANTIL E INDIVIDUAL XUVENIL-ADULTO. En tódalas modalidades se opta ata cinco categorías de premios, no que se repartirán máis de 3500€.
O Desfile realizarase o vindeiro 4 de marzo, martes de Entroido. Sairá da Esquina Famosa (Esquina da Rúa San Bernardo ) e percorrerá as rúas Porto Rico, Galicia e Rosalía de Castro, rematando na Alameda. O veredicto do xurado darase a coñecer, tralo desfile, na correspondente entrega de premios.
A participación neste desfile queda aberta a todos aqueles que aínda que non queiran competir no concurso, queiran sumarse a esta celebración.











