Apertura do prazo de inscrición para o curso de perfeccionamento de informática
O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para o curso de perfeccionamento de informática básica, dirixido prioritariamente a persoas en situación de desemprego empadroadas no municipio, que queiran mellorar os seus coñecementos nunha área fundamental para a procura de emprego.
O curso, que se impartirá nas instalacións municipais Centro Antena, desenvolverase do 10 ao 31 de marzo, os luns, mércores e venres de 10.00 a 13.00 horas. O prazo de inscrición abrirá o vindeiro luns 17 de febreiro, e permanecerá aberto até o día 28 deste mes.
As persoas interesadas en participar deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará á súa disposición no propio rexistro, no Centro Antena, no Departamento de Emprego ou na páxina Web www.nigran.org, achegando á solicitude unha fotocopia do DNI e os CV actualizado.
Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena, no teléfono 986 366 572 e co Departamento de Emprego, no 986 365 000, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org, orlaboral@nigran.org e tle.nigran@nigran.org.











