Apertura do prazo de inscrición para o curso de manexo de carretillas elevadoras e manipulador de alimentos en Ribadumia
O Concello de Ribadumia organiza dous novos cursos, un de seguridade no manexo de carretillas elevadoras segundo marca o RD 1215/97, e outro de manipulador de alimentos. A alta demanda de este tipo de accións formativas fai que o dende o concello se organicen varias convocatorias durante o ano.
O curso de manipulador de alimentos terá unha duración de 3 horas presenciais e 7 horas a distancia. Os asistentes obterán os coñecementos e titulación precisa para a manipulación alimentaria segundo a lexislación vixente. Impartirase na Casa da Cultura de Ribadumia durante o mes de febreiro e o seu custe e de 15€.
Trátase dunha das formacións máis demandadas na comarca do Salnés, principalmente para traballar en hostalería, empresas conserveiras, bodegas, ludotecas e calquer actividade que implique traballar con alimentos
Para o mes de marzo está prevista a realización dun curso de Operador de Carretilla Elevadora a impartir en 5 horas presenciais e 20 horas a distancia cun custe de 50€.
Desde o Concello de Ribadumia destacan a importancia de facilitar a formación en profesións con alto índice de inserción laboral. O carretillero acostuma a traballar en almacéns e encárgase da condución de carretillas, sexan automáticas, semiautomáticas ou manuais. A súa función é trasladar a mercancía ou material dun lugar a outro, aproveitando ao máximo o espacio do almacén e dominando as maniobras máis comúns, respectando todas as medidas de prevención e riscos laborais implantados.
Durante o curso, que inclúe horas prácticas en carretilla elevadora, o alumno coñecerá os elementos da carretilla, aprenderá a facer as maniobras máis comúns e coñecerá a sinalización que pode atopar nas empresas, así como as normas de seguridade específicas, como se debe xestionar un almacén, os riscos laborais…
Os interesados en calquera dos dous cursos poden inscribirse no Servizo de Orientación Laboral do Concello, sito na Casa da Cultura de Ribadumia, en horario de 09:00 a 14:30 ou no teléfono 986 710 711.











