Apertura do prazo de inscrición nos cursos de galego para as probas do Celga
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de lingua galega que vén de convocar a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o ano 2014. Nestes cursos, o alumnado recibirá a preparación necesaria para realizar os exames para a obtención dos títulos homologados noas catro niveis CELGA. O prazo de inscrición remata o luns, 24 de febreiro.
As persoas interesadas en asistir aos cursos preparatorios deben dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello, sito na zona de Secretaría Xeral do segundo andar, para realizar a inscrición, en horario de 8 a 14 horas. Tamén alí poderán informarse sobre cuestións como o comezo das clases, o lugar de celebración, o calendario de exames, taxas de matrícula para a realización das probas Celga… Para a inscrición será necesario presentar o DNI.
Os cursos ofertados pola Consellería serven para preparar os niveis do Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 e están dirixidos a adultos.











