Apertura da inscrición nos cursos Celga de iniciación e perfeccionamento do galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (Omix) informa que vén de abrirse o prazo de preinscripción nos cursos de preparación na lingua galega deste ano 2014, concretamente para a obtención dos certificados do Celga 1, Celga 2, 3 e 4.

Os interesados en participar nesta convocatoria poden pasar a cubrir a solicitude nas dependencias do Centro Sociocultural A Merced, en horario de oficinas. Este  prazo previo remata o próximo  21 de febreiro.

Os cursos convócanse para grupos de 20 persoas (mínimo), e realízanse no Centro Sociocultural A Merced entre os meses de abril e maio, en horario de tarde-noite, cunha duración de 75 horas lectivas, que se distribuirán en sesións de dúas horas.

Estes cursos preparatorios son totalmente gratuitos e van destinados a persoas maiores de 16 anos que estean interesadas en presentarse ás probas que se realizarán en varias quendas.

11 de febreiro de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.