Antía Loira, Luís Fernández, e Manuel Ochoa, padexeiros galegos cos mellores resultados na proba para o Mundial de Augas Bravas de Australia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Antía Loira, do Dumbría, e Luís Fernández, do Penedo, e Manuel Ochoa, do Teixugos, foron os padexeiros galegos que lograron os mellores resultados na primeira proba clasificatoria para o Mundial de Augas Bravas que se disputará en Australia. O tres, xunto ao resto de galegos, volverán o próximo fin de semana á Seu de Urgell para completar a súa posible clasificación.

Antía Loira, do Dumbría, tivo unha boa regata, xa que logrou unha meritoria terceira posición na categoría sénior e na modalidade de K-1. A padeeira de Nigrán quedou moi preto do primeiro posto da clasificación.

Luís Fernández, do Penedo, demostrou que se atopa nun magnífico momento de forma. O seu primeiro posto na categoría júnior C-1 confirma que é un serio candidato a estar presente na cita mundialista. Manuel Ochoa ocupou a terceira posición en K-1 cadete.

Os outros representantes galegos que tomaron parte na proba francesa lograron clasificarse entre o dez primeiros. Andrea González, do Club Teixugos, foi sexta en K-1 júnior, mentres a súa compañeira Sara Vázquez ocupou a oitava posición.

En K-1 júnior masculino, Axel Afonso, do Club Tea terminou en sexta posición, mentres Iago Canosa, do Dumbría, finalizou oitavo. En K-1 cadete, ademais do terceiro lugar para Manuel Ochoa, Brais Castro, tamén do Teixugos, finalizou sexto.

O Campionato do Mundo júnior e sub-23 celebrarase en Australia entre os días 23 e 27 do mes de abril.

18 de febreiro de 2014 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.