Allariz habilitará un espazo para hortos de autoconsumo
Ante a demanda que se ten realizado por veciños e veciñas de Allariz dun espazo para poder desenvolver actividades agrícolas de autoconsumo e en base a experiencias anteriores, en concreto na zona do Fuxón. O Concello porá a disposición nas inmediacións da rúa Casa Lomberte dun espazo para tal fin. Os terreos están totalmente preparados para o seu uso, xa que foron utilizados para un curso de aptitude empresarial agraria organizado polo grupo de desenvolvemento rural Avinza GDR15 e que se desenvolveu ao longo do ano 2012.
Abrirase un prazo para que as persoas interesadas poidan facer a súa solicitude, a posteriormente procederase á distribución dos terreos. A parcela conta con aproximadamente 600 m2.
As persoas interesadas poden dirixirse á Concellería de Medio Ambiente nas oficinas do Concello, na Praza Maior, 1.











