Allariz festexa o Entroido 2014
Allariz celebra, do 3 ó 5 de marzo, a tradicional Festa do Entroido cunha programación de actividades para pequenos e maiores.
O luns 3 de marzo, ás 17:00 h. a Praza de Abastos acolle a Festa Infantil. Para os máis maiores, a Asociación Xan de Arzúa organiza a Cachuchada a partir das 21:30h no Campo da Barreira.
O martes, desfilan as comparsas, con acompañamento musical a partir das 17:30h dende a Estrada de Xunqueira ata a Praza de Abastos, onde ó seu remate, haberá baile de entroido a cargo dun DJ.
Para despedir o Entroido, o mércores terá lugar o Pranto de Entroido. A saída será ás 20:00h dende a Praza Maior e a queima do meco realizarase no Campo dos Brancos.
Concurso de Comparsas
Ata o día 27 de febreiro está aberto o prazo de inscrición das comparsas, para participar no desfile.
A orixinalidade, a elaboración, a escenificación do disfrace e o acompañamento musical son os aspectos que o xurado valorará nas comparsas inscritas.
As comparsas (a partir de 10 compoñentes) poderán optar os seguintes premios: 200€, 150€, 100€ e 50€ para os catro primeiros clasificados.











