Alfonso Rueda inaugura o IX Congreso da Asociación Española de profesores de Dereito Administrativo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Intervención de Alfonso Rueda

Intervención de Alfonso Rueda

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou esta mañá na EGAP o IX Congreso da Asociación Española de profesores de Dereito Administrativo, que reúne en Santiago a expertos nesta materia.

Na súa intervención Alfonso Rueda destacou como positivo este tipo de congresos que alentan o debate de expertos sobre a colaboración pública e privada, xa que contribúe a resolver moitas dúbidas en materia de dereito administrativo.

Segundo dixo o vicepresidente, é importante que quen son os encargados de deseñar o ordenamento público privado na administración debatan sobre as fórmulas a aplicar e cheguen a conclusións que afectan a todos.

O encontro xurídico que ten lugar entre hoxe e mañá configúrase coma un foro de debate de temas que afectan á cidadanía, e que este ano se centra na análise da nova Lei de Costas e na simplificación do funcionamento das Administracións Públicas, entre outros.

Precisamente a Lei de Costas é unha das cuestións de interese para Galicia, sobre todo no relacionado cos núcleos do litoral. Por iso, e dada a repercusión directa que ten sobre o cidadán, Alfonso Rueda instou aos expertos na materia a que aclaren todas as dúbidas sobre os núcleos e os asentamentos na costa galega.

Doutra banda, Alfonso Rueda lembrou a aposta da Xunta por continuar cos procedementos de simplificación administrativos, entre os que destaca o funcionamento da sede electrónica, cos conseguintes beneficios para a cidadanía posto que se axilizan os expedientes e se reducen os tempos de espera.

7 de febreiro de 2014 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.