AJE apoia ao deportista pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedraPontevedra
A-
A+

O martes 18 de febreiro, nas oficinas de AJE Pontevedra, levouse a cabo un acto de apoio ao deportista pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza. O piragüista, que conta con tres ouros en campionatos do mundo como éxitos máis representativos da súa carreira deportiva, pon en marcha “Tres obxectivos, un soño”, unha campaña de crowdfunding que pretende reunir o financiamento necesario para poder afrontar tres obxectivos deportivos esta tempada acordes coas súas capacidades: o Descenso Internacional do Sela, o Campionato de Europa de Surfski e o Campionato do Mundo de Maratón.

O deportista de elite compareceu ante a xunta directiva de AJE Pontevedra e os medios por videoconferencia desde Oviedo, desde onde realiza os seus adestramentos. Presentou publicamente a súa campaña de crowdfunding, iniciativa de micromecenazgo mediante a cal se pretende conseguir financiamento con pequenas achegas, desde cinco até mil euros, con diferentes recompensas en función do volume de axuda.

Desde vídeos de agradecemento na súa páxina web, pasando por camisetas e mesmo sesións de adestramento co piragüista. O obxectivo da campaña é reunir seis mil euros, que se destinarán a gastos de desprazamento, nutrición, material e outros gastos de preparación das probas. Pola súa banda, AJE Pontevedra quere apoiar ao deportista local, axudando a difundir esta iniciativa de crowdfunding, e axudando na financiando mediante a doazón colectiva por parte dos seus asociados.

18 de febreiro de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.