Afectados por produtos de entidades financeiras reúnense na Coruña con avogados de APDEF para iniciar accións legais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

Veciños da Coruña afectados as entidades bancarias reuniranse o martes 25 de febreiro con letrados da Asociación de Prexudicados de Entidades Financeiras (APDEF), do Bufete coruñés Fernández Mato Avogados. Estes informarán os servizos que poden ofrecer ás agrupacións e particulares e así poder iniciar accións legais contra as caixas ou bancos que lles venderon estes produtos.

Na reunión, que terá lugar no Salón de actos do Hotel Riazor ás 19.00 horas, a letrada María José Fernández, xunto a outros representantes da APDEF, exporá o funcionamento desta agrupación, cuxa premisa é a “personalización e proximidade”. A asociación conta cunha alta porcentaxe de éxito nas reclamacións xudiciais realizadas até o momento na consecución do que é o seu único obxectivo: “que os afectados recuperen o seu diñeiro”.

Durante a sesión, á que acudirá o representante legal da APDEF, Constantí Pera Chalmeta, informarase aos asistentes sobre os tipos de produtos que adquiriron, “baixo que condicións”, e a razón pola cal os Xulgados maioritariamente dan a razón aos afectados, que segundo Pera Chalmeta é que “existe unha conciencia xudicial polo atropelo que se efectuou ao pequeno aforrador”.

En Galicia o problema foi especialmente perentorio coa presenza de Novagalicia Banco. Son moitos os afectados pola venda de obrigacións subordinadas e participacións preferentes, “un mecanismo de financiamento das entidades financeiras que lles permitiu aumentar o seu capital e solvencia á conta dos pequenos aforradores”.

Asociación de Prexudicados de Entidades Financeiras APDEF

A APDEF naceu en Barcelona en 2012 co obxectivo de “defender e protexer aos prexudicados polas posibles prácticas abusivas levadas a cabo polas entidades financeiras e axuntar esforzos para que aos afectados devólvaselles o diñeiro investido”.

O labor desta sociedade é conseguir o seu obxectivo con custos moi axustados, o que se coñece por “avogacía social”. Por unha mínima cota, o prexudicado ten á súa disposición os servizos de notaría, burofax, taxas, procurador e avogado.

A asociación conta con preto de 20 bufetes asociados por toda España, e ten actualmente preto de 1900 socios, 1070 demandas en proceso e a resolución de preto de 100 casos, cun 95% de éxito.

22 de febreiro de 2014 | 23:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.