Adif respecta á Xustiza e ofrece a súa colaboración tras o último auto do xuíz
O presidente de Adif, Gonzalo Ferre, afirmou este luns que a compañía respecta a actuación da Xustiza, encargada de dilucidar o ocorrido no accidente que tivo lugar en xullo de 2013 en Santiago de Compostela, á vez que ofreceu a súa colaboración á hora de entregar todos os documentos que sexan necesarios para a causa.
Ferre pronunciouse así tras participar nunhas xornadas de presupuestación, contabilidade e control público ante o último auto relativo ao sinistro de Santiago no que o xuíz apunta que se puxeron en risco as vidas dos pasaxeiros por intereses comerciais.
Tras rexeitar facer declaracións por respecto ás vítimas e á Xustiza, Ferre apuntou que Adif colaborará cos maxistrados no que sexa necesario.
“Dos autos xudiciais non comentei nunca nada e deste tampouco. Respectar a actuación da Xustiza, que é unha actividade moi difícil, e estar ao que nos pida o xuíz e entregarlle toda a documentación que queira para realizar o seu traballo”, sinalou.











