Adicae Galicia organiza un taller formativo para coñecer a facturación da electricidade
ADICAE GALICIA en Santiago de Compostela organiza o taller formativo “Coñece a túa factura de electricidade e aprende a reducila”.
Este interesante taller terá lugar no próximo día 07 de febreiro de 2014 ás 19h00 no Centro Sociocultural do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo) en Santiago de Compostela.
Nos últimos anos, moitas foron as modificacións sobre a factura da luz (case sempre cun prexuízo cara aos consumidores), e poucas foron as aclaracións que se deron contorna ás mesmas, polo que cada vez a información acerca deste tema é máis turbia, o que nos leva a pagar ás veces, por servizos innecesarios.
Porque… quen non tentou algunha vez desglosar a súa factura da luz, e darse por vencido ante a cantidade de conceptos pouco claros que, nela, aparecen? Ou… Quen non se sentiu estafado ao ver cantidades excesivamente altas na súa factura, cando non cambiou ningún hábito de consumo na súa casa? Ou quen non pensou nunca non podería tentar baixar o meu consumo eléctrico acolléndome a outro tipo de facturación? Etc…
A través deste taller, tentaremos responder a todas esas preguntas que xorden contorna á factura da luz e que na gran maioría das ocasións, pagamos, sen sequera entender que nos están cobrando e porqué. Ademais, darémosvos diversos consellos que vos permitirán reducir o voso consumo eléctrico.
Este taller é gratuíto. Pero ten prazas limitadas. Confirmen asistencia en santiagodecompostela@adicae.net , ou a través do número de teléfono 981 941 397.











