Actuación destacada dos pilotos galegos no Trofeo Nacional Trial en Castellolí

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ▼
A-
A+

O pasado domingo, 23 de febreiro, iniciouse o Trofeo Nacional de Trial en Castellolí (Barcelona), na que varios pilotos galegos tiveron unha actuación destacada.

Comezando co Trofeo Nacional de Trial Cadetes, o galego Gabriel Marcelli, quen lograra nas duas tempadas anteriores o titulo de Vencedor da Copa de España de Trial Xuvenil, subiu de categoría logrando a vitoria en Cadetes nesta proba inaugural, cunha grande diferenza de puntos sobre o segundo clasificado.

Na Copa de España de Trial Xuvenil A, outro galego, Martín Riobó, acabou na terceira posición.

Mentras que no Trofeo Nacional TR2, o piloto de Ourense, Rubén Gómez, volveu a competición despois de varias temporadas para lograr un meritorio 4º posto nesta primeira proba.

A seguinte proba do Trofeo Nacional para as categorías TR2 e Cadetes será o 30 de marzo en Sigüenza (Guadalajara) que tamén será puntuable para o Cto. de España de Trial TR1, categoría absoluta na que participará o Campión de Europa de Trial Junior 2013, o galego Jorge Casales.

Os pilotos da Copa de España de Trial Xuvenil terán a segunda cita na proba que se celebrará en Cangas do Morrazo o día 4 de maio, que tamén será puntuable para o Trofeo Nacional Cadete.

24 de febreiro de 2014 | 12:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.