publicidade hoxe

Actividades lúdico-culturais para a fin de semana en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

A Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo desenvolverá diversas actividades lúdico-culturais durante a fin de semana.

Venres 21 de febreiro

21.00 h – Auditorio de Rianxo
FESTIVAL SOLIDARIO a favor de Cáritas Interparroquial de Rianxo
Coas actuacións do cantautor Sleeping Cats, do monologista Ricardo Barreiro, Suso Bello da Compañía do Ruído, a Escola de Música de Rianxo, a Asociación Sociocultural Fogo Fatuo e o Grupo Tradicional Río de Anxo; presentado por David Bello locutor de Onda Cero.
As entradas teñen uun custe de 5 € e poden adquirirse nos locais de Cáritas de Rianxo.

Sábado 22 de febreiro

12.00 h – Biblioteca Municipal de Rianxo
CONTACONTOS EN FAMILIA: Guá ! a cargo de Tero Rodríguez xunto con Helena de Alfonso e Jose Lara.
A proposta forma parte do programa Ferve a Lingua organizado pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo.

Domingo 23 de febreiro

18.00 h – Centro Cultural e Deportivo de Taragoña
CONCERTO: Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo
A Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo continua o Ciclo de Inverno e Primavera e nesta vez achégase á parroquia de Taragoña.

19 de febreiro de 2014 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.