Acordos do pleno ordinario da Deputación de Ourense
RATIFICACIÓN DO ACORDO ADOPTADO POLA XUNTA DE PORTAVOCES NA SÚA REUNIÓN DO DÍA 14 DE FEBREIRO DE 2014, SOBRE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA PALIAR OS EFECTOS DOS TEMPORAIS NA COMARCA DA LIMIA.
Acordo:
– Ratificar o acordo adoptado pola Xunta de Portavoces na reunión do 14 de febreiro de 2014, sobre solicitude de axudas para paliar os efectos dos temporais na Comarca da Limia, co seguinte contido:
1º.- Instar tanto á Xunta de Galicia como ao Goberno do Estado a declaración da Comarca da Limia como zona catastrófica.
2º.- Instar ao Goberno do Estado para que, tras a cuantificación previa de perdas por parte dos concellos, estime as axudas pertinentes, así como beneficios fiscais e tributarios: rebaixa IRPF, aprazamento, pagamentos Seguridade Social, etcétera.
3º.- Propoñer a creación dunha Mesa de Negociación coa participación do ministerio, agroseguro, Xunta, sindicatos agrarios e representantes das comunidades de regantes e cooperativas para adaptar o seguro agrario ás características da Limia e rebaixar as primas que se pagan na actualidade.
4º.- Que a Deputación Provincial, a través do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro da Limia, lles preste asesoría técnica aos posibles afectados.
5º.- Crear, a través do servizo da Enquisa de Infraestrutura Local, dependente do servizo de Cooperación da Deputación Provincial, en colaboración cos concellos, dun censo de damnificados.
6º.- Instar á Confederación Hidrográfica para a realización dun plan de limpeza e dragado de canais da lagoa para previr vindeiras enchentes.
7º.- Colaborar, a través do Servizo de Vías e Obras para a reparación das pistas afectadas, para o tránsito de tractores e vehículos e evitar que se deterioren aínda máis a partir da agora.
8º.- Instar á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a posta en marcha dos regadíos comprometidos no seu día para seguir dotando de infraestruturas á comarca e que a través das balsas, no futuro, se poidan regular as enchentes.
9º.- Instar á Consellería de Educación para que habilite as partidas necesarias para a reparación dos danos ocasionados no IES cidade de Antioquía e estude medidas de prevención para o futuro.
CESIÓN GRATUÍTA AO CONCELLO DE COLES DUNHA PARCELA NO LUGAR DE CASANOVA DA BARRA, PARA INSTALACIÓN DUNHA FOSA SÉPTICA
Acordo:
Cederlle gratuitamente ao Concello de Coles a devandita parcela, a cal se reflicte no plano levantado polo servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial de Ourense e que figura no expediente de cesión gratuíta, libre de cargas e gravames, co fin de que se proceda a instalación nela dunha fosa séptica.
O Concello de Coles comprométese a facer os oportunos cambios de titularidade no Catastro e calquera outro organismo público que proceda.
Se os bens cedidos non fosen destinados ao seu uso no prazo máximo de cinco anos desde a realización desta cesión, ou deixasen de selo posteriormente, a cesión considerarase resolta, cos efectos previstos no artigo 111.1 do Regulamento de bens das entidades locais.
MODIFICACIÓN DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTOEXPEDIENTE N.º 1/2014
Acordo:
Aprobar a modificación de créditos do expediente1/2014
DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DO EXERCICIO DAS FACULTADES QUE O CONCELLO DE MUÍÑOS TEN ATRIBUÍDAS EN MATERIA DE RECADACIÓN DE MULTAS COERCITIVAS
Acordo:
Aceptar a delegación nesta Deputación Provincial das facultades que o Concello de Muíños ten atribuídas en materia de recadación de multas coercitivas, ao abeiro do establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e artigo 7 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, co alcance, contido, condicións e vixencia que se establecen no acordo do Pleno do dito concello do día 27 de decembro de 2013. A dita delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial para a delegación de competencias nesta materia.
DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DO EXERCICIO DAS FACULTADES QUE O CONCELLO DE PUNXÍN TEN ATRIBUÍDAS EN MATERIA DE RECADACIÓN DA TAXA DE SUBMINISTRACIÓN DE AUGA, TAXA DE SUMIDOIROS E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS E CANON DA XUNTA
Acordo:
Aceptar a delegación nesta Deputación Provincial das facultades que o Concello de Punxín ten atribuídas en materia de recadación da taxa de subministración de auga, taxa de sumidoiros e depuración de augas residuais e canon da Xunta, ao abeiro do establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e artigo 7 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, co alcance, contido, condicións e vixencia que se establecen no acordo do Pleno do dito concello do día 31 de xaneiro de 2014. A dita delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial para a delegación de competencias nesta materia.
APROBACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E REDE VIARIA PROVINCIAL 2014
Acordo:
Aprobar inicialmente o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e rede viaria provincial 2014.
Somete-lo Plan a información pública mediante anuncio no BOP, para que se poidan formular alegacións ou reclamacións durante o prazo de 10 días. Se se presentan alegacións ou reclamacións o Plan debe ser sometido novamente a Corporación Provincial, para o acordo de aprobación definitiva. No caso de que non se presenten alegacións ou reclamacións, o Plan entenderase definitivamente aprobado, sen necesidade de novo acordo.
REVOGACIÓN DO ACORDO DE SEPARACIÓN DO CONSORCIO OS PEARES
Acordo:
Revogar o acordo adoptado polo Pleno na sesión do 16 de decembro de 2011, de separación da Deputación Provincial de Ourense do Consorcio Local dos Peares.
APROBACIÓN DA MOCIÓN SOBRE O ARRANXO DA ESTRADA DE SAN VICENTE DE LEIRA OU-0807
Acordo:
– Constituír un grupo de traballo para o estudo específico desta problemática, composto por un representante de cada grupo político na Deputación, convidando tamén a participar a un representante de cada grupo político do Concello de Vilamartín de Valdeorras.
– Licitar, no prazo de dez días, a elaboración dun proxecto de trazado que contemple unha solución definitiva que garanta a accesibilidade en condicións de seguridade das veciñas e veciños ao núcleo de San Vicente. O dito proxecto de trazado someterase a información pública coa garantía da participación dese proceso das veciñas e veciños.
– Requerir á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para que, no prazo máximo de dez días, se pronuncie sobre o cumprimento da normativa medioambiental das alternativas de trazado remitidas pola Deputación”.
APROBACIÓN DA MOCIÓN PARA A ELABORACIÓN DUN CÓDIGO ÉTICO E DE CONDUTA QUE REGULE AS NORMAS ÉTICAS DE REFERENCIA PARA OS CARGOS ELECTOS E O PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN PROVINCIAL
Acordo:
Elaborar no seo da Comisión Informativa de Patrimonio, Goberno e Réxime Interior unha proposta de Código Ético e de Conduta dos cargos electos e do persoal ao servizo da administración provincial.
Presentar, no prazo de dous meses, ao pleno da Corporación Provincial dita proposta para o seu debate e, no seu caso, aprobación.
APROBACIÓN DA MOCIÓN PARA ESIXIR AS ADMINISTRACIÓNS COMPETENTES MELLORAS DE CONTROL E XESTIÓN DO CICLO DA AUGA
Acordo:
Esixir os concellos da provincia ó estrito control das concesionarias no cumprimento das competencias encomendadas no tratamento de saneamento e depuración das augas.
Esixir de todos os organismos que xestionan o ciclo da auga na provincia de Ourense(Confederacións Hidrográficas, Deputación, etc…) o estricto control nas medicións e na labores de inspección de vertidos en puntos de risco.
Esixir da Xunta de Galicia, a rebaixa do canon a cifras anteriores a lei 9/2010 de 4 de novembro, por mor do momento de crise estamos a atravesar.











