ACIGU congratúlase do apoio á marca para a “rosca de xema”
Carmen María García Braga, en representación de ACIGU C.C.A.
Manifesta:
Que quere expresar ao grupo de goberno do Concello da Guarda, nosa máis sincera felicitación, por saber rectificar e apoiar “UNHA MARCA PARA A ROSCA DE XEMA DA Guarda”, tal como recóllese en prensa o pasado sábado día 8 de febreiro, pero señores do grupo de goberno, parécenos lamentable tamén que non o houbesen pensando antes, cando ACIGU C.C.A., presentou esa petición a través de moción no pleno do pasado 31 de xaneiro, de todos os xeitos evitoulles a vostedes caer en incongruencias aparecendo cunha rosca en “Xantar” en Ourense.
ACIGU C.C.A., defende e preocúpase polos intereses do sector comercial e empresarial en xeral e neste caso de artesáns confiteros pertenzan ou non a esta asociación, polo, que a nós non nos preocupa “o intento de puenteo” feito por vostedes; o que perseguimos é a consecución dos feitos que neste caso solicitabamos, que é o recoñecemento de tantos anos de promoción do produto, que nós nas nosas funcións xa acordaramos co sector.
ACIGU C.C.A., lémbralles, que durante anos, esta asociación, levou este produto a diferentes feiras internacionais, tales como FITUR, en diferentes ocasións, así mesmo organizando festas gastronómicas do mesmo en mais de dez edicións, presentado sempre con anterioridade para darlle mais impacto en diferentes localidades, nacionais e internacionais, como no ano 2008 en Viana do Castelo, Portugal, á cal asistiu Dna. Montserrat Magallanes, como testemuña do evento.
Para ACIGU C.C.A., non foi unha sorpresa o seu voto en contra. Porque xa o ten por norma a calquera petición, sexa como sexa formulada, lembrámoslles, a moción que presentamos, tamén no pleno dese Concello, en contra de
-A subida das taxas e prezos públicos.
-Eliminación dos tramos do prezo de subministracións de auga e cobro por consumo real, para os establecementos da localidade.
-Eliminación do cobro de taxas para as terrazas do sector hostaleiro.
-Etc.
Polo exposto, pedimos a ese grupo de goberno, que deixe esa esquizofrenia política e ocúpese de gobernar que é o que lle encomendamos os guardeses nas urnas, lémbrolles, que os seus opositores son os grupos políticos, non os empresarios, que bastante temos nestes momentos.
Unha vez máis cumpra, o publicado e apoie unha “marca para a Rosca de Xema”.











