publicidade hoxe

Acebe CCA organiza unha nova edición de Mercabetanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

ACEBE.CCA está a preparar a celebración dun novo MERCADO DEOPORTUNIDADES DO COMERCIO DE BETANZOS – MERCABETANZOS, unevento que está previsto que se celebre os vindeiros 8 e 9 de marzo.Nesta ocasión, igual que nas anteriores edicións, MERCABETANZOS celebrarasenunha carpa instalada na Praza Irmáns García Naveira con horarioininterrompido de 11.00 a 21.00 horas o sábado 8 e de 11.00 a 20.00 horas odomingo 9 de marzo.

MERCABETANZOS permitirá a todos os empresarios que participan venderprodutos con descontos a partir do 50%. A organización prevé que esta novacita goce do éxito das anteriores edicións nas que centos de clientes visitaron acarpa do mercado de oportunidades ademais de funcionar como unha actividadedinamizadora do comercio minorista de Betanzos e de repercutir moipositivamente na economía local.

Todos os asociados de ACEBE CCA que o desexen poderán inscribirse noevento tendo como data límite o 20 de febreiro. Poden solicitar máisinformación a través do número de teléfono 981774574 ou do correo electrónicoacebe@comerciodebetanzos.com.

MERCABETANZOS está organizado pola ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES EEMPRESARIOS DE BETANZOS coa colaboración da Xunta de Galicia, daDeputación da Coruña, do Concello de Betanzos e Parking Betanzos.

14 de febreiro de 2014 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.