Acceso libre para os abonados celestes ao apaixonante Celta Selmark-Portomar Cortegada
O Pavillón de Navia acollerá este próximo venres 28 de febreiro ás 21.00 horas un apaixonante partido da liga Feminina 2 entre o Celta Selmark e o Portomar Cortegada, un encontro especial para o celtismo, xa que se celebra o ‘día do abonado celeste’ e os socios do Real Club Celta poderán presenciar o partido de maneira gratuíta presentando o seu carné nos accesos ao pavillón.
O club anima aos seus abonados a que acudan a Navia para apoiar ao Celta Selmark e gozar do espectáculo do baloncesto feminino nunha xornada que abre un apaixonante fin de semana para o celtismo, co primeiro equipo buscando manter a súa boa serie en Elxe (sábado 22.00 horas) e o filial recibindo en Barreiro ao líder Racing de Santander (sábado, 16.15 horas) nun choque crave na loita pola permanencia.
O ‘día do abonado celeste’ organizado polo Celta Selmark baixo a lema “unidos por unha cor e unha ilusión”, constitúe para o celtismo unha excelente oportunidade para gozar do espectáculo do baloncesto feminino da man dun equipo de gran mocidade e calidade que necesita o apoio da afección para seguir crecendo na súa competición.











