A xunta de goberno vilagarcián dá o visto bo ás mostras Arosa Novias e Arosa Motor en 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O recinto feiral de Fexdega xa ten programadoas dúas mostras a celebrar no ano 2014. Trátase de novas edicións dos salóns Arosa Novias y Arosa Motor que organizará a axencia Klip de Vilagarcía. A Xunta Local de Goberno dou o visto bo esta mañá á proposta na reunión na que se abordaron un total de 179 asuntos.

O primeiro dos eventos feirais que xa ten data no calendario expositivo de Fexdega é o salón Arosa Motor que se celebrará o vindeiro mes de abril. O Arosa Novias volverá a celebrarse no recinto da Maroma este ano, neste caso no mes de novembro. O coñecemento das datas coa antelación suficiente permite á Fundación de Deportes planificar as actividades que presta nas instalacións a efectos de compatibilizar os usos feiral e deportivo.

Entre os numerosos asuntos de trámite e xestión municipal tratados na reunión da Xunta Local de Goberno, compre salientar a aprobación do pago de obrigas relativas ao exercicio 2013 por importe de 359.405 euros. O goberno autoriza semanalmente o abono de facturas no marco da política que se segue de axilizar o pago a provedores.

Por outro lado, o executivo tamén aprobou a concesión de 17 axudas sociais e se acordou solicitar á Consellería de Turismo unha subvención para a organización das festas de San Roque no marco das axudas que o organismo autonómico concede para promoción de turismo e dado que os festexos de Vilagarcía contan coa declaración de Interese Turístico Nacional.

14 de febreiro de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.