A Xunta de Goberno de Ourense aproba o regulamento de xestión do Inventario Municipal de Bens

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa xuntanza desta mañá o proxecto de Regulamento do Inventario Xeral do Concello de Ourense. Trátase dun documento técnico elaborado polo Departamento de Planeamento, que ten como obxectivo establecer a organización, funcionamento e procedemento de aprobación do Inventario municipal e facilitar a súa xestión.

O Concello xa conta cun Inventario que recolle a totalidade dos bens e dereitos de titulariedade municipal, clasificados en 8 epígrafes: bens inmobles, dereitos reais, mobles de carácter histórico ou artístico, valores mobiliarios e dereitos de carácter persoal, vehículos, mobles de considerable valor económico e outros bens mobles, semoventes e bens e dereitos revertibles.

O regulamento define, entre outros aspectos, a estrutura, réxime xurídico, as competencias dos diferentes órganos municipais, os procedementos de aprobación, actualización e comprobación, así como a organización do contido, as operacións de altas e baixas e a inscrición dos bens e dereitos municipais nos rexistros públicos, entre outros aspectos.

O Pleno do Concello é o órgano titular da competencia en materia de inventario, comprendendo, entre outras, facultades como as de formación, aprobación, comprobación, actualización e custodia do documento.

O proxecto de regulamento aprobado esta mañá será presentado a aprobación inicial por parte do Pleno do Concello, e posteriormente será obxecto de información pública para que os interesados teñan a posibilidade de presentar alegacións, antes da súa aprobación definitiva.

6 de febreiro de 2014 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.