A Xunta de Goberno de Cangas aproba a presentación de solicitudes de subvención con cargo ao plan de acción municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O goberno local ven de aprobar na xunta de goberno celebrada o pasado luns día 24 de febreiro, a solicitude dunha serie de subvencións á Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan de Acción Municipal do organismo provincial.

Así pois, tras valorar as necesidades e redactar as memorias correspondentes para cada actividade o equipo de goberno solicitará ante a Deputación axudas para o financiamento de media ducia de actividades coma a aula de estimulación de nenos con dificultades, a escola de nais e pais, festas populares, o programa cultural de Nadal, o programa cultural da Semana Santa, actividades medio ambientais en praias e as festividades do verán.

De ser aceptadas estas peticións, o Concello de Cangas recibiría por parte do Plan de Acción Municipal da Deputación, axudas por valor de preto de  37.000 euros.

26 de febreiro de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.