A unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores visita A Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

A unidade móbil para a realización das inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores -de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade-, motos e quads –neste caso, de máis de catro anos de antigüidade- estará no Concello da Laracha o luns da próxima semana, día 24 de febreiro.

O lugar no que se instalará será a rúa Manuel Murguía da capital municipal, concretamente na explanada xunto ao IES Agra de Leborís e a biblioteca.

O horario de atención ao público é de 9.00 a 13.30 horas.

As persoas interesadas poden reservar cita previa para calquera das dúas datas por internet accedendo á web www.sycitv.com ou chamando ao teléfono 902 309 000.

20 de febreiro de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.