A Tradescola achegou a música tradicional aos cativos de Cervantes

Tradescola en Cervantes
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, achegouse ata Cervantes para realizar unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con esta xornada, a Tradescola achegou á comunidade escolar a nosa música e as nosas tradicións, dun xeito ameno e didáctico, amosándolle ao alumnado os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega, así como a evolución dos instrumentos e das formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos. Estos concertos didácticos estiveron guiados polos mestres da Tradescola Luis Correa “O Caruncho”e Bruno Villamor.