A Tradescola achegará a música tradicional aos cativos de Cervantes
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, achegarase o vindeiro xoves 27 de febreiro ata Cervantes para realizar unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con esta xornada, a Tradescola achegará á comunidade escolar a nosa música e as nosas tradicións, dun xeito ameno e didáctico, amosándolle ao alumnado os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega, así como a evolución dos instrumentos e das formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos. Estos concertos didácticos terán lugar a partir dás 11.30 horas no CPI de Cervantes, e estarán guiados polos mestres da Tradescola Luis Correa “O Caruncho”e Bruno Villamor.