A selección galega júnior de Taekwondo enfronta o Campionato de España de Combate en Pontevedra
A Federación Galega de Taekwondo desprazará a dous fortes equipos para competir no Campionato de España júnior de Combate, que se celebrará o sábado 15 de febreiro en Pontevedra.
O torneo, que se celebrará en sesións de mañá e tarde no IMD de Pontevedra con seis tapices, contará coa presenza de 278 participantes nados nos anos 1997, 98 e 99. O taekwondo galego estará representado por 28 deportistas (14 na categoría masculina e 14 na feminina) que tentarán estar nos primeiros postos.
Entre os participantes galegos figuran catro medallistas do campionato de España júnior do pasado ano e ademais un deles, Sabela López, defenderá o título acadado en Oropesa. Ademais tamén estarán Ruth Tive, Laura Dosil e David Ansede, todos eles bronce en 2013. Tamén participarán en Pontevedra, dous medallistas do Campionato de España Cadete: Myriam García, que foi campioa de España cadete en 2013, e Miguel Orro (bronce cadete no 2013).
Resultados 2013. A selección galega logrou un total de oito medallas (tres ouros e cinco bronces) no Campionato de España Xúnior de Combate, que se celebrou hoxe en Marina D´Or (Oropesa do Mar) cunha participación de 262 deportistas.











