A selección galega de Taekwondo viaxa a Cáceres para disputar o Campionato de España
A Federación Galega de Taekwondo despraza a Cáceres unha selección renovada pero moi ambiciosa, polo que tentará loitar polo podio no Campionato de España sénior de combate. A cita é o sábado 1 de marzo no Pavillón Multiusos de Cáceres, a partir das 8 da mañá, coa participación de 245 deportistas.
A Federación conta cun competitivo equipo para 16 pesos formado por 22 deportistas (10 rapazas e 12 chicos), no que hai que destacar xunto a deportistas xa consolidados, a presenza de xente moi nova que ven empurrando forte dende as categorías inferiores. Así, a dúbida será saber cal será o seu rendemento nunha competición de altísimo nivel, aínda que nos adestramentos coa selección o seu traballo está sendo moi positivo e ben valorado polos seleccionadores. Enfronte estarán seleccións de gran nivel coma Madrid, Cataluña ou Baleares.
Desta forma, no equipo feminino podemos destacar a presenza de Lúa Piñeiro (campioa de España 2013), Laura Lorenzo, Katia Calvar, Andrea Rica, entre outras, todas elas medallistas de España en varias oportunidades e Andrea a nivel internacional cun curriculum espectacular. E ademais as novísimas Sara García (aínda júnior), Galia Fernández ou Sabela López (campioa de España júnior 2014 hai dúas semanas).
Recoñecida polo Consello Superior de Deportes – Rexistrada na Xunta de Galicia co nº 2025 o 06/04/1989. CIF G15237233. Entidade de Utilidade Pública (Lei 10/1990)
Na categoría masculina, tamén hai deportistas consolidados coma Fernando Rascado, Borja Ríos o Francisco Padín (que logrou recuperarse dunha lesión), mentras que entran taekwondistas novos coma Xián Silva (campión de España júnior 2013 e prata no último campionato de Europa júnior), Pablo Fernández (campión de España júnior 2013) ou Miguel Cobas.
Resultados 2013. A selección galega logrou o subcampionato de España sénior de combate, no Campionato disputado o 16 de marzo do pasado ano en Castellón. En total, o equipo logrou doce medallas (1 ouro, 4 pratas e 7 bronces), sendo o ouro para Lúa Piñeiro (-67, Natural Sport).











