A regata Porto de Aguete – Trofeo Setga definirá os seus gañadores este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMarín
A-
A+

Novamente a emoción final das regatas de soamente dúas probas terá lugar este sábado a partir das 14:00 h. na ría de Pontevedra con motivo da celebración da segunda e definitiva etapa da REGATA PORTO DE AGUETE – TROFEO SETGA de Cruceiros que está a organizar o Real Club de Mar de Aguete  co patrocinio da compañía internacional SETGA.

E é que xa se sabe, aínda que os vencedores na primeira xornada xa cobraron unha lixeira vantaxe, teñen que ratificar os postos na segunda, xa que si non vencen tamén nesta, en caso de empate gaña por regulamento o vencedor na última….

As previsións meteorolóxicas parecen indicar que o tempo dará unha tregua para que a regata celébrese en boas condicións de mar e vento cun suroeste de 14 nós de intensidade media, polo que o Comité de Regata mesmo nesta ocasión se cadra anímase a saír do interior da Ría e chegar até as inmediacións de Bueu no percorrido previsto para realizar.

Recodemos que o pasado sábado nunha dura regata, sobre todo de mar, e algúns refachos fortes de vento que provocaron diversas roturas e avarías nos participantes, a clasificación absoluta adxudicoulla  o AGUIEIRA, e por clases, en tempo compensado as xerais van nesta orde

CLASE 1)  

1º)AGUIEIRA I (Sun Odissey 40 – Celestino Campelo – RCM Aguete)

2º)YOUNKOUNKOUN (JOD 35 – Adolfo Castro – CN Portonovo)  

3º) SEBRALA 2 (Bavaria 50 – Magin Froiz – RCN Sanxenxo)

CLASE 2) 

1º) ENXUTO (First 310 – Pablo Conde – Sausalito Yatch Club)

2º) BILLA (First 27.7 – Francisco Freire _RCM. Aguete)

3º)  PIKO NORTE (Bavaria 32 – José Manuel Castro – RCN Coruña)

E CLASE 3)  

1º) SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS (Yatlant 24 – Iñaki Carbajo-CN Beluso)

2º) SQÜID  (First 235 – Francisco Lusquiños – CN Portonovo)

3º) CAMARÓN 20 (Yatlant 24 – Alberto Pérez – CN Combarro).

A entrega de trofeos celebrarase o propio sábado ás 21:00 horas nos salóns do Real Club de Mar de Aguete, un dos clubs náuticos máis activos do atlántico peninsular deportivamente falando a pesar das precarias condicións  que ten na actualidade o porto de Aguete.

21 de febreiro de 2014 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.