A procura de información na operación “Patos” esténdese ao Concello de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Europa Press

Axentes da Policía Nacional vestidos de paisano desprazáronse ao redor das 13.00 horas ao Concello de Pontevedra para solicitar información, dentro da operación ‘Patos’, que dirixe o Xulgado de instrución número 7 de Vigo.

No caso do Concello de Pontevedra, os axentes tamén están a entrar en despachos e buscan expedientes de contratación coas empresas Cespa e construtora Eiriña.

Cespa é a adxudicataria en Pontevedra do servizo de limpeza, un contrato que asinou nos seus últimos días como alcalde Juan Luís Pedrosa, do PP. Na actualidade, co goberno de alianza entre o BNG e o PSdeG, o contrato está prorrogado.

18 de febreiro de 2014 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.