A primeira edición do Campionato de Dardos Real Vila de Neda repartirá 1.000 euros en premios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Organizado pola Concellería de Deportes e o club Galacticos Team, o Centro Cívico da localidade acollerá a primeira edición do Campionato de Dardos Real Vila de Neda. A cita celebraráse o sábado, 15 de febreiro, con entrada libre e gratuíta e nela poránse en xogo premios por valor superior aos 1.000 euros. Así, hai dúas modalidades de competición programadas: Individual de cricket e Timba parellas cegas. A primeira comezará ás cinco da tarde e, a inscripción, pecharáse ás 16,30 horas. O custe da inscripción é de dez euros. No segundo caso, arrancará ás 20 horas e, a inscripción, concluirá tamén media hora antes.

Unha cita novidosa no calendario deportivo da vila que o Concello, segundo explicou o edil de Deportes, Roberto Rey, confía en que sexa multitudinaria.

4 de febreiro de 2014 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.